O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, e o Director Xeral de Alcoa Primario España e de Alcoa San Cibrao, Rubén Bartolomé, clausuran o mércores 5 de xuño o primeiro curso de Programación da Producción en Moldeo de Metais e Polímeros no IES Illa de Sarón de Xove (Lugo), ciclo formativo de grao superior creado grazas a un acordo de colaboración entre a administración autonómica e Alcoa, orientado a proporcionar formación cualificada que facilite o acceso a un emprego. O proxecto levouse a cabo coa aportación de 105.500 dólares da Fundación Alcoa para a adquisición da maquinaria e o equipamento necesarios.
Alcoa comparte coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o interese pola formación integral das persoas e a formación profesional adaptada á realidade do ámbito laboral. Froito deste interese común creouse o ciclo formativo, único en Galicia, que permite obter o título de Técnico Superior en Programación da Producción en Moldeo de Metais e Polímeros.
Alcoa San Cibrao facilita a formación práctica do alumnado na fábrica e titorías de expertos profesionais, de modo que os alumnos poidan poñer en práctica a teoría aprendida nas aulas, adquiriran madurez profesional e completen os seus coñecementos sobre a actividade productiva. O ciclo formativo ten unha duración de 2000 horas, incluídas 800 horas de prácticas das que máis de 200 se realizan na fábrica de Alcoa.
As características e a alta cualificación profesional do ciclo o configuran, segundo a institución educativa, como unha das ensinanzas con maior proxección de futuro tanto na Mariña lucense como en toda Galicia, xa que responde ás necesidades reais e futuras das actividades empresariais e industriais.
Alcoa e Fundación Alcoa veñen colaborando coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en distintos proxectos educativos, como a formación en prevención de riscos laborais en centros de FP da Mariña e A Coruña, o grado da familia de química que imparte o IES Marqués de Sargadelos de Cervo e permite obter o título de Técnico Superior en Química Industrial, e o ciclo de Programación da Producción en Moldeo de Metais e Polímeros, cuxo primeiro curso no IES Illa de Sarón se clausura tras rexistrar unha excelente acollida e valoración no seu primeiro curso.
Durante a súa visita a Xove, o conselleiro Jesús Vázquez asistirá tamén na actividade de voluntariado organizada por traballadores de Alcoa no Colexio Pedro Caselles, que imparte educación infantil e primaria a 190 alumnos de entre 3 e 12 anos. Os voluntarios prepararán o terreo para crear unha horta escolar, con catro parcelas, unha para cada ciclo educativo, nas que os alumnos cultivarán desde verduras de temporada a plantas aromáticas e mediciñais.
A horta, que contará con unidade de compostaxe, terá tamén unha faceta de educación ecolóxica e nutricional, xa que se servirá dos residuos orgánicos do comedor escolar e os sobrantes vexetais do xardín para facer compostaxe nas dúas áreas facilitadas polo concello, e así favorecer o cultivo de verduras saudables que se servirán no comedor escolar.
Fundación Alcoa colabora con institucións e organizacións sen ánimo de lucro en proxectos orientados a mellorar a calidade de vida das comunidades nas que Alcoa está presente, así como o medio ambiente e a formación e educación das persoas. Este esforzo da Fundación Alcoa se ve fortalecido grazas ós miles de empregados voluntarios de Alcoa que aporta no seu talento e tempo para marcar unha diferenza nas comunidades nas que Alcoa está presente. Fundación Alcoa susténtase dos seus propios activos financeiros e non dos resultados de Alcoa.