Foz, 4 de xuño de 2013. O Concello focense celebrará o Día do Medio Ambiente o vindeiro venres, 7 de xuño, cunha charla na sala Bahía e cun taller de limpeza na área do Bispo Santo. As actividades terán coma destinatarios os rapaces e as rapazas dos centros de ensino, segundo daba a coñecer a concelleira de Medio Ambiente.
Maye López explicou que “decidimos modificar por asuntos de axenda os actos do día mundial do medio ambiente para o vindeiro venres, 7 de xuño”. Este ano o lema é Pensa, aliméntate e aforra, “cremos que é un slogan bastante apropiado para os tempos que corren, sobre todo o de aforrar, porque as cousas están daquela maneira”, dixo Mayte López.
A edil popular indicou que “nós desde o Concello imos facer unha charla na sala Bahía que comezará ás 11 da mañá, e despois trasladarémonos á área recreativa do Bispo Santo, onde faremos un taller de limpeza. Despois da festa do Bispo Santo quedou todo un pouco sucio e queremos concienciar aos rapaces dos centros de ensino que é moi importante poder desfrutar de todo o que nos ofrece o noso pobo, pero unha vez feito deberíamos recoller, limpar e deixar todo correctamente, sobre todo para que poidan desfrutala outros. A área recreativa do Bispo Santo é de todos e debemos coidar e respectar o medio ambiente o máximo posible”.