Pablo Piñeiro substitúe no seu posto, ao ferrolano Marcos Peña, que dirixiu ata o pasado 1 de xuño, e que fixo unha moi boa labor no Club de Remo Celeiro, dirixindo a volta do Club a competición oficial de bateis, nas categorías cadete e xuvenil, logo de máis de 10 anos no dique seco. Así mesmo, entre o seus logros conta co Campionato Galego de Remo adaptado Indoor, conseguido por Alex González, e co 3º posto da categoría xuvenil no galego de Remo Indoor. “O Club de Remo Celeiro, agradece o seu traballo a fronte do Club e deséxalle sorte na súa vindeira etapa”
Álex González, continúa a súa preparación en banco móbil adaptado. O pasado 25 de maio, conseguiu o Bronce nunha regata internacional disputada nas augas de Montemor-o-velho(Portugal), e participará o vindeiro 16 de xuño en Castrelo de Miño, no Campionato Galego de Remo en Banco Móbil na categoría adaptado.