O Club de Remo Celeiro, presentou este sábado pola mañá, o adestrador que se fai cargo do Club dende o 1 de xuño. A xunta directiva contratou a Pablo Piñeiro Rey, nado en Celeiro en 1983 foi remeiro nas categorías inferiores do Club de Remo Celeiro, e actualmente formaba parte da tripulación sénior. Trátase dun remeiro experto no batel e traiñeiriña, que se fará cargo dun club que conta na actualidade con 30 remeiras e remeiros, e que ten como obxectivo na tempada 2014 consolidar a súa presenza no remo galego, competindo en tódalas categorías.
Pablo Piñeiro substitúe no seu posto, ao ferrolano Marcos Peña, que dirixiu ata o pasado 1 de xuño, e que fixo unha moi boa labor no Club de Remo Celeiro, dirixindo a volta do Club a competición oficial de bateis, nas categorías cadete e xuvenil, logo de máis de 10 anos no dique seco. Así mesmo, entre o seus logros conta co Campionato Galego de Remo adaptado Indoor, conseguido por Alex González, e co 3º posto da categoría xuvenil no galego de Remo Indoor. “O Club de Remo Celeiro, agradece o seu traballo a fronte do Club e deséxalle sorte na súa vindeira etapa”
Álex González, bronce en Montemor-o-velho
Álex González, continúa a súa preparación en banco móbil adaptado. O pasado 25 de maio, conseguiu o Bronce nunha regata internacional disputada nas augas de Montemor-o-velho(Portugal), e participará o vindeiro 16 de xuño en Castrelo de Miño, no Campionato Galego de Remo en Banco Móbil na categoría adaptado.