Site icon Crónica3.com A Mariña

Nacho Pedraza, Hugo e Enrique Cánovas deixan o Burela FS

Os alas Nacho Pedraza e Hugo Sánchez e o peche Enrique Cánovas non seguirán no CD Burela FS Pescados Rubén en 2013-14, despois de rematar o contrato dunha tempada que os unía á estrutura laranxa.

Os tres xogadores chegaron a comezos de 2012-13 para defender o obxectivo da permanencia na estrea da entidade mariñá na máxima categoría do fútbol sala.

Dende o club, agradecémoslles a Nacho, Enrique e Hugo o seu traballo durante o debut do equipo laranxa na Primeira División e desexámoslles a maior das fortunas na súa nova andaina profesional.

Exit mobile version