
O colexio Juan Rey, de Lourenzá, acolleu unha sesión de contacontos titulada ‘Violeta, a carteira bolboreta’ a cargo de Mau e Pin, que son os autores da colección de libros Polo correo do vento. O obxectivo desta actividade, incluída no programa da Semana do Medio Ambiente, era inculcar aos nenos que deben respectar o medio ambiente. Mau e Pin contaron a historia e ao mesmo tempo fixeron as ilustracións nuns murais que serán coloreados polos nenos.