O Campus, presentado este martes 4 de xuño por Pablo Fernández e Roberto Fernández, presidente da AFD Porto de Burela e dirixido a nenos e nenas de entre os 7 a 14 anos, desenvolverase as dúas primeiras semanas de xullo, de luns a venres en horario matutino no campo da Marosa. As prazas son limitadas, polo que é aconsellable anotarse o antes posible, tendo como data límite o 27 de xuño, a través dos teléfonos 630 126 304 e 656 558 706 ou por correo electrónico a pablofersegurado@gmail.com ou javi_acs@hotmail.com. A cota de inscrición é de 130 euros por participante.
Xa está confirmada a presenza dos xogadores ÁLEX BERGANTIÑOS (RC Deportivo da Coruña), ÁLEX LÓPEZ (Club Celta de Vigo) ou CARLOS PITA (CD Lugo)… así coma dos adestradores Luís Santiago, Alberto Casal ou José Luís Lemos.
Pablo Fernández
Pablo é un rapaz de 29 anos que tras destacar na canteira do Cervo e San Cibrao, debutou con 16 anos na 3ª división co Viveiro para logo marchar cara a Coruña á canteira do Depor, compaxinando o equipo de División de Honra xuvenil co Fabril na 3ª división, onde permaneceu tres tempadas máis, sendo inclusive convocado en Champions co primeiro equipo deportivista. Logo pasou a liderar e capitanear ó Montañeros dende a Rexional Autonómica á 2ªB. De aí pasou por equipos do calibre do Laracha, Cerceda, Bergantiños.