Site icon Crónica3.com A Mariña

III Encontro do deporte base co seleccionador de fútbol sala de Kuwait

A Fundación ao Impulso, Deporte e Cultura na Mariña abordará a formación no fútbol sala no III Encontro do Deporte Base esta semana, cunha dobre sesión do segundo seleccionador e adestrador de porteiros do combinado de Kuwait, Carlos Corona Suárez.

O mércores, o técnico centrará o seu relatorio na confección da programación en categorías de base, no IES Monte Castelo de Burela; o xoves combinará a teoría da análise estatística dun equipo de elite, no antedito centro educativo, coa práctica de exercicios de mellora en gardametas de base, no pavillón Vista Alegre. O Encontro está destinado a monitores de fútbol sala e demais público interesado na formación deportiva de base.

Carlos Corona Suárez (Madrid, 1977), na selección kuwaití dende 2012, exerceu como analista de vídeos nas diferentes categorías da Vermella na tempada 2011-12. Como adestrador posúe experiencia no Pinto FS (2007-09), en Prata e Honra, AD Collado Villalba, de Prata (2009-10), e Gestesa Guadalajara, en Honra (2010-11).

Mércores 12 de xuño
16.00 horas: Programación dunha tempada en categorías de base dun club deportivo
IES Monte Castelo

Xoves 13 de xuño
16.00 horas: Exemplo de análise estatística e vídeo dun equipo de elite
IES Monte Castelo

17.30 horas: Exercicios, mellora e análise dos porteiros en categorías de base
Pavillón Vista Alegre

Exit mobile version