Site icon Crónica3.com A Mariña

Discurso do ex-alcalde popular José Manuel Lamela no debate da moción de censura

Quixera comezar polo que habitualmente un fai ao final das súas intervencións pero que eu, dadas as circunstancias, considero axeitado convertelo no primeiro de todo: os agradecementos.

Gracias, moitas gracias, a cada un dos 2.123 veciñas e veciños do municipio do Valadouro por darlle á candidatura da que eu fun cabeza de lista o respaldo maioritario: por facernos a forza política máis votada.

Ese caudal de confianza, que depositaron no Partido Popular e na miña persoa permitiume ser o seu alcalde durante dous anos (e concelleiro durante __ lexislaturas)

E teño que dicir que como político pero, moi en especial, como veciño do Valadouro, deste pobo que me veu nacer e no que vivo eu e a miña familia, ser o seu alcalde, foi, esta a ser e será, a máxima aspiración que puiden ter, unha inmensa honra. Síntome moi orgulloso, moi agradecido, por esta grande responsabilidade.

Cos seus erros e cos seus acertos –que seguro houbo moito de todo- intentei desenvolver a responsabilidade de alcalde con absoluta dedicación, con entrega incondicional, moitas veces quitándolle tempo a miña familia, pero coa satisfacción do deber feito, e coa confianza de que o estaba facer para legar un Valadouro mellor.

Gracias tamén aos traballadores municipais, Pola colaboración e axuda que sempre recibín. Gracias aos homes e mulleres que traballan no concello porque me consta, e quero que saiban que sempre valorei e recoñecerei o seu esforzo, a súa axuda, para sacar moitos proxectos adiante nunha administración que ten o fin exemplar de traballar para os seus veciños.

Todos os logros son tamén moita parte deles, e os erros, si existen, exclusivamente nosos. Gracias pola súa lealdade, pola capacidade, polo seu esforzo, por facer a xestión municipal máis fácil. Convertéronse, aínda que sexa polo moito tempo compartido en xente a que aprecio e da que me sinto parte, e nunca xefe.

Durante estes dous anos foi un grande honor traballar con eles, facelo polo compromiso cos meus veciños, e co respaldo duns concelleiros aos que tamén quero dar as gracias polo seu apoio, e aos que emprazo a seguir traballando por este concello, desde outras responsabilidades, -se prospera a moción- desde a oposición: para converternos el alternativa de Goberno.

Para min O Valadouro sempre foi o primeiro. A razón pola que loitar cada día, o motivo que me levou a comprometerme politicamente e petar na porta das distintas administracións na procura do mellor para os meus veciños.

Por iso dóeme especialmente que esta concello sexa hoxe e nas últimas semanas noticia a nivel nacional por algo tan grave, tan escuro, tan absurdo, tan insultante, como que se lle puxo prezo á alcaldía do Valadouro.

Así é, mercadearon con esta alcaldía.

Porque presentar unha moción de censura logo de rexeitar os orzamentos municipais e logo da formulación dunha cuestión de confianza é algo lexítimo.

Pero facelo condicionado a propia moción e a gobernabilidade deste concello a un pacto oculto, que non se dá a coñecer aos veciños, incluso agora, minutos antes da votación, e absolutamente inaceptable, carente de toda ética.

Un pacto no que se inclúen –polo pouco que coñecemos- cláusulas tan escandalosas como a indemnización de 100.000 euros que os futuros gobernantes se impoñen, en caso de ruptura do acordo.

100.000 euros que non explicaron quen os porá, de onde sairán e, o que é máis grave, se o que buscan e facer dos concelleiros meras marionetas que non pode votar en conciencia, senón baixo a presión de evitar ter que abonar ao outro unha indemnización millonaria.

Valadouro está moi por riba de todo iso. E a súa alcaldía nin ten prezo, nin o teñen tampouco os seus veciños, que ven con asombro e indignación como o que debera ser un pacto político converterse nun mercadeo, nunha transacción económica.

Non pretendan vender como normal algo que é inédito e grave. Non pretendan convencernos de que é correcto dicir aquí que os concelleiros non voten en liberdade, que van a ter que apoiarse xestione como xestione, ben ou mal, o futuro alcalde.

Un goberno que nace cun programa oculto, desde a desconfianza mutua, coa intención de xestionar cada área separada da outra, un goberno que non se move por intereses políticos senón económicos é un goberno chamado ao fracaso.

Nós estamos convencidos e así queremos deixar constancia expresa de que este pacto e a moción de censura que xurde logo do mesmo ademais de inmoral é ilegal.

Que ningún tribunal pode avalar que se condicione o exercicio da democracia, que en esencia é que os representantes actuemos en liberdade, e non por razón económicas ou de interese persoal.

E faremos todo o que este nas nosas mans, e poñeremos en marcha todos os recursos que nos dea o Estado de Dereito para evitar que no Valadouro morra a democracia.

Que a política se converta en meras transaccións, que se amañe a vontade dos concelleiros, que se decidida incluso como debe votar un futuro edil, en definitiva, que se poña prezo á alcaldía do Valadouro

Ningún goberno que nace pisoteando os principios democráticos pode empezar ben. Tampouco o que se nega a dar previamente as explicacións aos veciños e moito menos o que non fai exercicio de transparencia.

Valadouro é moito máis importante que todos nos. Temos a responsabilidade de legar un concello mellor, e non máis escuro ou mercantilizado.

Nestes dous anos eu traballei para facer deste un concello mellor, e hoxe é un concello saneado, na súa economía e con moitos proxectos que viron a luz.

Herdan 360.000€ de remanente de Tesouraría e os 150.000€ de superávit, cifras que causan envexa noutros municipios, sobre todo no contexto actual de crise.

A día de hoxe o nivel de endebedamento municipal é cero, non hai créditos ou débedas pendentes.

Nestes dous anos promovemos obras como a pista de andadura, a segunda fase do saneamento na parroquia de Moucide -que xa ten cerrada unha terceira fase- ou a remodelación da praza Triana. Queda só pendente da aprobación final do pleno o impulso ao noso polígono industrial

En definitiva, teñan a ben non enganar a ninguén. Esta moción no se fai nin para acabar cun desgoberno, nin por censurar unha falta de xestión.

Faise por obsesión contra o PP e por razóns e motivos económicos, non políticos, exclusivamente económicos.

Espero que a pesar de todo non teñan a tentación de converter a este concello nun municipio en negativo, confrontado con todos e contra todos.
Espero que por unha vez antepoñan os intereses dos veciños ás aspiracións particulares de cada un.

Remato: Reiterando o agradecemento aos meus veciños. Por estes dous años como o seu alcalde e polos 25 que confiaron no PP.

Algúns teñen insistido en desprezar o voto que os veciños viñeron facendo nos últimos anos.

Eu respecto o xogo de maiorías e asumo a miña próxima responsabilidade liderando unha oposición que non dará tregua, pero que será leal e que ante todo respecta e asume os principios básicos dunha democracia que outros pisotean

Gracias veciños do Valadouro. Grazas ás autoridades e amigos que hoxe nos arroupan.

Seguiremos traballando e dando a cara por Valadouro. Diso non teñan dúbidas. Este concello é o primeiro e está por riba de persoas, concelleiros ou pactos.

Exit mobile version