O alcalde de Xove presidiu este martes 18 de xuño a entrega de diplomas dun curso de iniciación á informativa desenvolvido na Aula de Informática da OMIX de Xove. O curso tivo unha duración de 20 horas impartidas en horario de mañá durante tres días á semana dos meses de maio e xuño e estivo dirixido a 13 alumnos e alumnas de entre 30 e 80 anos. O temario impartido foi: entorno de Windows, Microsoft Word, Internet: Navegar pola rede utilizando as páxinas máis útiles. Creación e uso de correo electrónico.