O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, está organizando unha Ruta de Sendeirismo polo Parque Natural de Somiedo (Asturias). A ruta denominada “La Peral-Villar de Vildas” ten 13 quilómetros de percorrido, con dificultade media e unha duración aproximada de 4:30h. Trátase da ruta máis emblemática do Parque Natural de Somiedo, pois no seu percorrido pasa por varias Brañas, destacando a famosa La Pornacal, formada por 33 cabanas, xunto con montañas e vales espectaculares. A ruta está prevista para o domingo 16 de xuño con saída de Xove en bus ás 07:15 horas. As inscrición poden realizarse na piscina municipal de Xove ou través do enderezo senderismoxove@gmail.com ou no teléfono 618 976 159. O prezo da actividade é de 12 para os socios e colaboradores, 15 para os non socios e gratuíta para os socios menores de 18 anos.