Un grupo de mulleres participaron o pasado 9 de xuño nunha nova edición dos Domingos a pé, que organizaron a Concellaría de Igualdade de Ribadeo e o CIM. Nesta ocasión realizaron a ruta de Loiba ao Barqueiro. As asistentes disfrutaron dunha xornada de ocio na que o bó tempo foi tamén o protagonista. Agora o vindeiro domingo, 16 de xuño, haberá unha viaxe gratificante e relaxante ao spa de Vilalba. Alí asistirán a unha sesión de baño no clube termal e despois poderán elixir entre unha clase de ximnasia ou técnicas de relaxación na uga. Tamén haberá unha sesión de terapia en cabina.
