Site icon Crónica3.com A Mariña

A presidenta da Fundación Herederos de la Mar critica os problemas sociais xerados polos recortes á discapacidade

Foto Las Ventanas del Mundo (2)Madrid, 17 de xuño de 2013. No acto de presentación do libro ‘Las ventanas del mundo’, de María del Carmen Aranda, que tivo lugar na Fundación Progreso y Cultura, a autora explicou os motivos da súa obra co obxectivo de extraer conclusións que sirvan para , polo menos, reflexionar sobre as mesmas. Na súa obra, María del Carmen Aranda observa un mundo con necesidades de cambios inmediatos e disecciona un presente sen ilusións fronte a un futuro sen opcións emerxendo como resultado novas civilizacións. A autora móstranos un mundo decadente repleto de manipulación e abusos de poder. Fálanos da pobreza, o hastío, o maltrato á natureza, a manipulación social, o inmovilismo político, leva a unha nova búsqueda de solucións.

Marisol Moreda, presidenta da Fundación Herederos de la Mar, nas palabras que dedicou á autora sinalou: “Fálanos da evolución da ciencia incluso á sombra do coñecemento dos seres humanos de a pe e todo elo cunha narrativa e lingüística maravillosa. Fálasnos do amor incondicional, que invita ó lector a reflexionar sobre cómo estamos vivindo” e fixo un repaso ás múltiples situacións que están creando tanta tensión na sociedade española e sinalou que “na nosa democracia existen abusos que se aloxan do concepto democracia e afirmou que o saqueo impune das caixas de aforro ou o enriquecemento ilícito de algúns e a concesión teledirixida de subvencións agudizan o déficit público, e que non se pode lexislar e gobernar en contra da vontade popular senón con respeto á Constitución e ó cidadán”. Marisol Moreda indicou que “hai outras moitas leis, normas e costumes do sistema español que non concordan coas demandas da sociedade actual e que non poden ser comparadas coas de fai corenta anos. O financiamento público a tantos organismos da administración, é algo que o cidadán odia e cuxa supresión reclama a berros e a o que pouco caso se lle fai”.

Para Marisol Moreda “a estafa ós ciudadanos coas participacións preferentes, a presión cos desahucios, as enormes cifras de paro e os recortes en sanidade, discapacidade e educación, entre outros, desembocan nun pobo frustrado e desconfiado e con mou pouca fe nos políticos. Por todo iso, é normal pensar nunha refundación do sistema”.

A presidenta da Fundación Herederos de la Mar, Marisol Moreda, aboga porque “o diñeiro que se defrauda e unha vez recuperado coas súas sancións respectivas, se destine á educación, á sanidade e á discapacidade. Sinceramente nos iría moito mellor a todos”. Tras as diferentes exposicións en liña similar, produciuse un animado debate entre todos os asistentes que abarrotaban o local.

Na presentación do libro ‘Las ventanas del mundo’, participaron a presidenta da Fundación Herederos de la Mar, Marisol Moreda; o editor da revista Otro Mundo es Posible, Celestino Olalla; o director da Fundación Progreso y Cultura, Jesús Barcenilla e a autora de ‘Las ventanas del mundo’, María del Carmen Aranda.

Exit mobile version