A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz e a Federación de Comercio de Lugo organizan unha xornada informativa sobre ‘Redución de custes de xestión, directos e de oportunidade, clave para xerar beneficios’. A xornada levarase adiante o vindeiro mércores, 22 de maio, a partires das 20:30 horas na Casa da Cultura de Foz. Os encargados de impartila son: Camilo Villasante Méndez, director e fundador de Helper, Márketing e Expansión; Cristina Ascariz, responsable da área enerxética de Indutec; e José Manuel Fernández, consultor comercial de Femxa for pymes. Os poñentes abordarán cuestións coma o punto de venda, a eficiencia enerxética e a formación. Con ACIA Foz e a Federación de Comercio de Lugo colaboran o Concello focense e a Deputación Provincial de Lugo.