Os permisos, en fase de tramitación, solicitáronse pola multinacional mineira GoldQuest e afectarían a zonas de especial valor ecolóxico das reservas de Terras do Miño e Río Eo, Oscos e Terras de Burón
Tras facerse público recentemente que a empresa de capital dominicano-canadiense GoldQuest, a través da súa filial GoldQuest Ibérica S.L., solicitou autorización para iniciar tarefas de exploración e investigación mineira baixo os epígrafes “Lago I” e “Lago II” na provincia de Lugo, desde Unión Progreso e Democracia desexan manifestar o seu rexeitamento á iniciativa, que afectaría a unha superficie cercana ás 14.000 hectáreas de terreo comprendido dentro do Programa MaB da UNESCO.
Por unha parte, As Terras do Miño albergan unha das mellores representacións de ecosistemas naturais e coexistencia dos seus habitantes co estilo de vida tradicional característicos dos territorios sublitorais de toda a Rexión Atlántica Europea.
Doutro lado, a Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón, compartida entre Asturias e Galicia, inclúe unha ampla variedade de ecosistemas naturais de moi alto valor ambiental podendo identificarse un total de 41 tipos de hábitats de interese comunitario, 11 de eles prioritarios e algunhas das mellores paisaxes de montaña de toda Galicia.
En 1971, a UNESCO comenzou co programa MaB (Man and Biosphere), co obxectivo de conciliar a protección de lugares de especial relevancia a nivel natural co concepto de desenrolo sostible. A función destes espazos, que actualmente son pouco máis de 600 a nivel mundial, é a de conservar e protexer a biodiversidade, o estilo de vida tradicional das comunidades implicadas e a investigación, educación e intercambio de información entre as diferentes reservas, que conforman unha rede mundial recoñecida e altamente valorada a nivel internacional.
Desde UPyD non alcanza a comprender como a administración autonómica, a través dun plan mineiro fomentado pola Xunta de Galicia, pode primar a afectación sobre o territorio de imprevisibles consecuencias á posta en valor e desenrolo sostible do rural, o que sen dúbida constitúe o seu principal , favorecendo un proceso de dinamización que active o tecido social e empresarial e procure que as iniciativas emerxentes e os novos emprendedores reciban o apoio preciso para levar a cabo proxectos perdurables no tempo e sostibles co entorno.