Baixo o título de “Unha carta para mamá” a Asociación Comercial Casco Histórico de Viveiro puxo en marcha un concurso con motivo da campaña do Día da Nai do que este venres se deron a coñecer os gañadores entre os debuxos e cartas recibidos de rapaces e rapazas de ata 14 anos de idade. Despois de seren valorados polo xurado, composto pola Xunta Directiva da asociación e Covadonga Viamonte, concelleira de cultura; Ana Basanta, de 12 anos de idade, fíxose co premio ao mellor debuxo dotado con 400 euros en vales de compra, e María Santos, tamén de 12 anos, conseguiu o recoñecemento á mellor carta cun premio equivalente. A partir do sábado, os traballos finalistas exponránse no escaparate do centro de ocio Nutilus, e despois todos aqueles que o desexen poderán recuperar as súas creacións.
