Este domingo 12 de maio, o Grupo de Sendeirismo Xove, desprazouse a Nava (Asturias) para facer a Ruta HOCES DEL RÍO PENDóN. Un total de 53 sendeiristas foron os que participaron nesta espectacular ruta, que trascurre polo desfiladoiro do Río Pendón. A saída da Ruta é en Fuensanta, cerca da planta embotelladora de Auga, así coma do Balneario de Fuensanta. A continuación, o grupo paseou polo pobo de Nava para tomar unhas sidras e visitar un Pumarada na Finca La Roza, onde tamén puideron degustar productos da propiedade (marmeladas, zumes e sidras de producción ecolóxica).
