Na súa intervención o rexedor expresou a súa satisfacción pola posta en marcha destes importantes eventos deportivos, amosando o apoio do Concello á SD Fútbol Sala Xove na celebración de ambos campus.
Datas
A segunda edición do Campus de Fútbol Sala Mixto celebrarase do 8 ó 12 de xullo, ambos incluídos, e está dirixido a nen@s que queiran desfrutar durante 5 días do fútbol sala e de múltiples actividades lúdicas que estará supervisadas e guiadas por profesionais titulados no ámbito deportivo e da educación.
En canto ó primeiro Campus de Porteiros “Stop Goles” desenvolverase a continuación do anterior, do 15 ó 18 de xullo.
Os interesad@s en inscribirse ou obter máis información poden facelo chamando ó 672 09 66 09, mandando un correo electrónico a sdxovefs@gmail.com ou seguindo as instrucións que se nesta páxina web: www.xovefs.es .