O Valedor do pobo admite a reclamación que presentou a plataforma de afectados polos abusos do mercado eléctrico e na cal a plataforma solicitaba a súa intervención por irregularidades en tres frontes.
En dita solicitude a plataforma solicita por un lado a intervención do Valedor do Pobo respeto ao sistema utilizado por Begasa na substitución de contadores, xa que dito sistema obvia varios dereitos fundamentais dos usuarios regulados en varios reais decretos.
Por outro lado, a plataforma ten solicitada a intervención do Valedor do Pobo para poder saber se os contadores instalados por Begasa cumpren coa normativa de obrigado cumprimento vixente na actualidade. A plataforma recorda que é o usuario o responsable de que dito equipo cumpra coa normativa vixente e, sen embargo, é o único que non ten acceso a dita documentación obrigatoria.
Finalmente, a plataforma recorreu ao Valedor do Pobo para saber se é de acordo á lei o que na zona de Begasa soamente se poida instalar un tipo de contador (o modelo de contador de Begasa) xa que se lle aprobou a Begasa por parte da Xunta un sistema de telexestión privado e non existe outra marca de contador no mundo que cumpra con dicho sistema, o cal crea un monopolio contrario á liberdade de elección existente en outras zonas de distribución de España.
Ante esta reclamación, o Señor José Julio Fernández Rodríguez, decidiu admitila e con data de 7 de maio de 2013 iniciou as accións oportunas ante o Conselleiro de Economía e Industria para que lle facilite información sobre estes problemas que motivaron a reclamación.
Dende a plataforma están “moi contentos de que o Valedor do Pobo se preocupe por este problema e entendemos que os datos aportados pola Plataforma están o suficientemente lexitimados para que o Señor José Julio Fernández decida intervir”.