Ribadeo, 10 de maio de 2013. O terceiro curso de verán sobre arte e patrimonio na Mariña lucense que organiza a Universidade de Santiago coa colaboración do Concello de Ribadeo foi presentado hoxe e desenvolverase do 17 ao 19 de xullo. No programa inclúense 15 conferencias e o prazo de matrícula está aberto ata o 5 de xullo. O curso denomínase O Camiño e os camiños da arte.
A concelleira de Educación e Cultura, Mari Luz Álvarez Lastra, explicou que “é a terceira vez que establecemos unha colaboración coa Universidade porque dende o Concello parécenos interesante dar a coñecer e poñer e valor o noso patrimonio cultural, artístico, escultórico e pictórico, como se veu facendo ao longo destes últimos anos, non soamente do noso concello, senón tamén ese potencial e ese atractivo tanto turístico como cultural que ten toda A Mariña lucense. Aparte de poñelo en valor é moi importante dalo a coñecer e cando menos falar del para revalorizalo e que non nos esquezamos. Se noutros lugares se vende e se utiliza o noso patrimonio cultural para atraer turisticamente e para poñelo en valor nós tamén temos todo ese legado histórico e cultural que non debemos esquecer e debemos aproveitar”.
Mari Luz Álvarez deu as grazas “á Universidade por establecer esta colaboración con nós, por ter durante eses días a expertos, a persoas moi cualificadas para tratar destes temas, para darnos a oportunidade á xente de Ribadeo de coñecer e afondar nese patrimonio e para darnos conta da importancia, do valor artístico e cultural, da riqueza inmensa que temos. E desde logo quero poñer enriba da mesa a nosa total apertura e disposición para seguir colaborando en todas cantas iniciativas se nos presenten desde outras institucións tamén pero, como non, desde a Universidade de Santiago. Dar a grazas a Ana Goy Diz e Antonio Garrido Moreno, que son os directores deste curso, e a Diego Rodríguez Paz, que é veciño de Ribadeo, colaborador na Área de Cultura do noso Concello, musicalmente, artisticamente e en todo o que lle pedimos. É veciño de aquí, polo tanto é a persoa que traballando na Universidade nos sirve de nexo de unión, de colaboración, e que axuda para que estes cursos se poidan desenvolver no noso concello”.
A directora, Ana Goy, destacou “el papel que toda la Mariña lucense tiene precisamente como esa vía de entrada en Galicia para las influencias artísticas y culturales a lo largo de la historia. Convencidos de que solo aquel pueblo que conoce su patrimonio podrá respetarlo y legarlo a las generaciones futuras intentamos poner en valor toda esta riqueza patrimonial extraordinaria que muchas veces vivimos con ella sin reconocerle la importancia que tuvo”. Entre os temas que se van abordar Goy citou o referido aos últimos achados do patrimonio subacuático na ría de Ribadeo”.
O director, Antonio Garrido, explicou que no programa inclúense 15 conferencias, anunciou que o prazo de matrícula remata o 5 de xullo e resaltou “las ventajas que tendrán los estudiantes universitarios, porque se va a conceder un crédito de libre configuración para diplomaturas de maestros, ingenierías, arquitecturas técnicas y licenciaturas; y dos 2 créditos optativos para las nuevas titulaciones de grado, que también serán interesantes de cara al alumnado. Y estamos en gestión de un posible reconocimiento del curso como actividad de formación para el profesorado e incluso para que pueda valer también para los guías turísticos en el sentido de esa actualización que requieren todos los años”.
E o secretario do curso, Diego Rodríguez Paz, agradeceu as colaboracións das áreas de Cultura do Concello de Ribadeo e da Deputación de Lugo e a participación da Coral Polifónica de Ribadeo “para o concerto de clausura, que poñerá o broche final a estas xornadas con un concerto que neste ano terá unha parte do programa relacionada intimamente cos contidos que imos tratar no curso”. Tamén salientou que no programa inclúese “unha actividade complementaria ás ponencias do curso, que terá lugar o 17 de xullo ás catro e media da tarde previsiblemente e que será un percorrido por un tramo do Camiño Norte e incluirá tamén unha visita á Capela das Virtudes en Arante, unha parroquia do concello de Ribadeo”.