O Concello de Barreiros ofrecéulle este venres 10 de maio unha recepción a un futbolista cadete do Burela FS, Cristian García, veciño da parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos, que acaba de proclamarse campión de España coa selección galega. O alcalde, Alfonso Fuente, sinalou que “é un orgullo para Barreiros que un veciño do municipio chegue a acadar metas tan importantes no mundo do deporte”. Cristian García recibiu coma agasallo un escudo de Barreiros e un par de camisetas.