O Concello de Barreiros ofrecéulle este venres 10 de maio unha recepción a un futbolista cadete do Burela FS, Cristian García, veciño da parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos, que acaba de proclamarse campión de España coa selección galega. O alcalde, Alfonso Fuente, sinalou que “é un orgullo para Barreiros que un veciño do municipio chegue a acadar metas tan importantes no mundo do deporte”. Cristian García recibiu coma agasallo un escudo de Barreiros e un par de camisetas.
O barreirense Cristian García foi recibido no Concello
O barreirense Cristian García foi recibido no Concello
Relacionado
-
O Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo acolleu a xuntanza de coordinación da zona noroeste dos xefes provinciais de tráfico de Galicia, Asturias e Cantabria
-
O CEIP Fondo Nois participou este luns na Carreira Solidaria contra a leucemia infantil en beneficio da Fundación “Uno entre Cien Mil”, dentro do Programa “La Vuelta al Cole”
-
O restaurante El Oviedo, de Ribadeo, celebrará o 14 de febreiro unha cea comentada por algúns dos mellores produtores alimentarios de Galicia