Este pasado xoves, día 9, o programa “Parolando”, da Radio Valadouro estivo dedicado, no seu coloquio final, ó tema da maternidade, co gallo da celebración o pasado domingo día 5 do Día da Nai. Varias asociacións relacionadas coas nais estiveron presentes no debate. Para empezar, asistiron pola asociación “Bico de Leite” Beni Martínez (matrona que foi antes do Hospital da Costa e que agora traballa en Vilalba) e Iria Barro; asistiu tamén Carmela Martínez Geada, nai embarzazada de 29 semanas); por parte da asociación “Redmadre” de Lugo asistiu Rosa María Cruz, a súa presidenta; tamén interviu por teléfono Pilar Castellanos, Presidenta da asociación “Madres Solteras por Elección”. Antes do coloquio houbo as seccións habituais: Pepe de Xermán e as súas curiosidades; a sección de Xuventude, na que Claudia Pena (que debutaba como presentadora) entrevistou a David Martínez, organizador do Km0 Surf Camp; na sección de “O desván” Matías Nicieza entrevistou ós escritores Matías Escalera e Obdulia Méndez Regal.
