Site icon Crónica3.com A Mariña

López Penabad: “A prepotencia de Suárez Barcia castiga aos comerciantes e veciños de Ribadeo sen mercado mariñeiro”

Ribadeo, 29 de maio de 2013.- O presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, criticou esta mañá a Suárez Barcia, cuxa prepotencia deu lugar a que o concello non conte coa celebración dun mercado mariñeiro.

O popular afirmou que esta iniciativa, organizada polo Grupo de Acción Costeira, sería moi beneficiosa para os comerciantes e tamén para o concello en si, pero foi a prepotencia e a nefasta xestión deste rexedor, quen castigou ao pobo.

“O asunto ainda é máis grave cando somos coñecedores de que o señor Suárez Barcia non tería que por un só euro para a celebración de dito evento, sería o propio promotor desta iniciativa (Grupo de Acción Costeira) o que se encargaría de todo. O rexedor tan só tería que ceder un solar para a súa celebración e algún axente municipal para vixiar a zona” – manifestou López Penabad quen criticou duramente que o señor Suárez Barcia rexeitase este beneficio e respondera con prepotencia que terían que pagar.

López Penabad asegurou que desgraciadamente estamos ante un rexedor que sempre actúa con total victimismo, queixándose de que non lle dan nada, cando o único que non da é él e instou a tomar exemplo do Goberno Galego, quen non ten en conta a cor política dos concellos e actúa con total criterio.

“Sempre está a queixarse de que non lle dan nada cando non é así. O único que non da nada aquí e él”- criticou Penabad, quen concluíu que Goberno Autonómico acaba de dotar a este concello con dúas minidepuradoras nos lugares de Porto e Reme de Arriba, co seu conseguinte custe económico, e nembargantes él rexeita a celebración dun mercado mariñeiro cando non lle supón custe algún e sería beneficioso para os comerciantes e para o pobo.

Exit mobile version