Onte pola tarde inaugurouse na Casa de Cultura a exposición dos traballos realizados nos cursos de tempo libre que organizou o Centro de Información ás Mulleres de Burela durante a tempada 2012-2013. Presidiron o acto de inauguración o alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán; onde tamén se proxectou un vídeo realizado de forma altruísta, sobre os traballos feitos polas alumnas. A autora é Antonia Fernández Rivas, á que a concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade lle agradece “unha vez máis a súa colaboración co Concello de Burela; así mesmo, agardamos que para o vindeiro curso a participación sexa tan alta como a deste ano”. A exposición estará aberta ata o 25 de maio e poderase visitar de luns a venres en horario de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas; o sábado 11 de maio o horario tamén será de 11 a 13 horas e 18 a 20 horas; mentres que os sábados 18 e 25 de maio só se visitará en horario de tarde de 18 a 20 horas.
