Os premios entregáranse nun acto que se desenvolverá na sede do Parlamento de Galicia, no Salón dos Reis, o vindeiro mércores, 5 de xuño, ás 12 horas, ao que asistirán todo o alumnado da clase de relixión premiada, e aproveitarán para visitar a sede do Parlamento, así como a Catedral de Santiago, e o Pazo de Xelmirez.
Os premios obtidos son significativos e consisten nun ordenador portátil para cada neno gañador e un lote de libros, dúas excursións pagadas ao lugar que elixan de Galicia para a clase de Relixión dos alumnos gañadores, 2000 euros para o centro e unha táboa dixital para o coordinador dos traballos.