A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, fixo público un bando para anunciar a campaña de vacinación antirrábica e desparasitación de cans que chegará ás catro parroquias do concello no vindeiro mes de xuño. Na de Santa María será o día 18, martes; a San Xurxo correspóndelle o 19, mércores; na de Santo Tomé levarase a cabo o 20, xoves; e na de Santo Adrao farase o 24, luns. A campaña será realizada polas veterinarias Mari Sol Carreira Castro e Silvia Roca Castro.
Campaña de vacinación de cans en Lourenzá
Campaña de vacinación de cans en Lourenzá
Relacionado
-
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola xerente de Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu este domingo á XV Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto
-
Alfonso Villares en San Cibrao
-
Centos de persoas se achegaron este venres ata Rinlo a gozar da II Mexillonada organizada pola asociación O Cantal coa colaboración do Concello de Ribadeo