Site icon Crónica3.com A Mariña

Adrián Ben, campión galego dos 3000 metros lisos

adrian benAdrián Ben Montenegro acadou o primeiro posto na carreira de 3000 metros lisos correspondente ao Campionato Galego de pista ó aire libre disputado no complexo de Monterrei en Ourense.

Cun tempo de 9.24.57 cosiguiu o título de Campión Galego e o billete para a disputa do Campionato de España coa Selección Galega que se disputará en Málaga os vindeiros días 24, 25 e 26 de maio.

Aínda que non foi a súa mellor marca persoal, que ten nos 9.06, foi unha vitoria importante, xa que só o primeiro clasificado acadaba o pase para o nacional.

Así mesmo, Ben está clasificado para disputar o título dos 3000 metros lisos a nivel individual no Nacional de Granollers que se disputará en xullo.

Exit mobile version