O organismo provincial mellorou deste xeito prestacións locais ós veciños e aforrou custes ó Concello, asumindo o 100% dos custes destas actuacións. Fixo co Plan de Comunidades Veciñais para 2012, unha programación enmarcada na súa aposta pola máxima cooperación cos municipios, coa que a Deputación executa obras locais que os cidadáns demandaron ó Concello e que dita administración non podería levar a cabo sen a colaboración provincial.
Aforro de 500.000 euros ós Concellos da Mariña
A Deputación aforrou preto de 500.000 euros ós Concellos da Mariña, asumindo obras municipais que melloraron as dotacións públicas ós veciños e que as entidades locais non podían executar debido á falla de recursos económicos. Este medio millón de euros procede dos 2 millóns que en total a institución luguesa aforrou ós Concellos da provincia coa última anualidade do Plan de Comunidades Veciñais. Esta programación permitiu realizar nos municipios mariñanos case 60 actuacións, en beneficio de centos de cidadáns, principalmente, residentes en zonas rurais co fin de acondicionar as súas prestacións e reivindicando a vida no campo, como son, por exemplo: pequenos abastecementos de auga potable, saneamentos, pavimentacións, rede de sumidoiros, iluminacións públicas, acondicionamento de camiños rurais, instalación de pequenos repetidores de TV, arranxo de fontes, obras de acondicionamento e arranxo de locais sociais, así como pequenas infraestruturas e adquisición de mobiliarios -informáticos ou similares- para o funcionamento das propias comunidades veciñais, agrupacións ou asociacións de veciños, ou como complemento de áreas recreativas, deportivas e de lecer.