Site icon Crónica3.com A Mariña

Un grupo de afectados polas preferentes e subordinadas de Ribadeo asistirá o sábado a unha manifestación en Vigo

Ribadeo, 17 de abril de 2013. Un grupo de afectados polas preferentes e as subordinadas de Ribadeo asistirá o vindeiro sábado, 20 de abril, á manifestación que convocou a plataforma do Val Miñor para as 11 da mañá en Vigo.

Segundo explica un dos afectados ribadenses Horacio Cupeiro “queremos fletar un autobús para acudir a esta mobilización e facernos escoitar todos xuntos. Temos pouco tempo e precisamos organizarnos o antes posible”. Os interesados en acudir a esa mobilización en Vigo poden dirixirse á seguinte dirección de correo electrónico: horacio_cupeiro50@hotmail.com ou chamar ao teléfono 618 74 03 03. Cupeiro sinala que “cantos máis vaiamos mellor, porque máis forza faremos para reclamar o que é noso”. O custe da viaxe en autobús a Vigo dependerá do número de persoas que decidan asistir de Ribadeo ou doutros puntos da Mariña.

Exit mobile version