Ribadeo conmemora o Día Internacional do Libro (23 de abril) con actividades para os máis pequenos baixo o título “Contos que encantan”. Así, o domingo 21 de abril a partir das cinco e media da tarde no auditorio Hernán Naval e cunha entrada de 2,50 euros poderase ver o espectáculo de Magín Blanco, Charo Pita e Xoán Curiel sobre o libro disco “A nena e o grilo nun barquiño” con cancións de Uxía, Fred Martins, Ugia Pedreira ou Guadi Galego. O luns 22, os colexios de Ribadeo acollerán unha proposta de teatro itinerante no Camiño de Santiago: Camiño, fanfarra e rodas “Cantos contos contas!”. Finalmente, o martes 23 de abril a compañía do Trinke Trinke achegará tamén aos alumnos e alumnas dos colexios ribadenses no auditorio municipal un espectáculo protagonizado por “ratos de biblioteca” que pretenden contaxiar aos nenos e nenas o gusto pola lectura.
Promoción da lectura entre os máis pequenos de Ribadeo
Promoción da lectura entre os máis pequenos de Ribadeo
Relacionado
-
A Sociedade Cultural Recreativa Musical Ledicia celebra o 50 aniversario da súa fundación
-
O Concello de Cervo programa unha nova edición do Belén de Pastilina que confeccionan cada ano os nenos e nenas do municipio
-
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo fixo este mércores entrega de diplomas para os participantes que asistiron ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, patrocinado pola Deputación, que nesta edición tivo lugar na Casa da Cultura de Vilalba