Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Lugo estuda abandonar a súa participación no proceso de contratación para a posta en marcha do proxecto do ciclo da auga

Lugo, a 3 de abril de 2013.- O GPP está estudando a posibilidade de presentar a súa renuncia e abandonar a súa participación no proceso de contratación para a posta en marcha do proxecto do ciclo da auga.

Os populares, quenes, no seu momento, se abstiveron na sesión plenaria onde se abordou este tema, plantexan agora a posibilidade de abandonar a súa participación neste proceso no que ven certo escurantismo.

Manifesta o PP que este proxecto xerou moi pouco interese tanto por parte das empresas, xa que só se presentou unha, algo que sorprende neste momento de crise económica; tanto por parte dos concellos posto que se presentaron menos da mitade dos mesmos; concretamente, tan só dos 67 municipios só se presentaron 28, con destacables ausencias dos concellos gobernados por gobernos amigos como PSOE e BNG.

Exit mobile version