Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro Cívico de Xove acolle este venres unha conferencia do proxecto “Espello Deportivo”

A Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, trae o seu proxecto “Espello Deportivo” ao Concello de Xove, a través dunha subvención concedida á Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense. Trátase dunha iniciativa dirixida a dinamizar a lingua galega no ámbito do deporte na que participan medallistas paralímpicos e o actor ourensán Rubén Riós.

Neste caso o deportista conferenciante é Chano Rodríguez, deportista que sufriu unha parálise nas súas pernas e fixo do deporte o seu medio de rehabilitación tanto físico como mental. Neste proceso, comeza a nadar, tomándose tan en serio a súa carreira de natación que consegue clasificarse para os Xogos Olímpicos de Sidney no ano 2000, obtendo 5 medallas de ouro. Posteriormente en Atenas, 3 ouros e un bronce. Pekín: 2 pratas e 2 bronces e en Londres 2 prata e un bronce. Converténdose así, no segundo deportista español con máis medallas paralímpicas de toda a historia.

Xunto a este deportista estará o actor e produtor galego de cine e televisión Rubén Riós, coñecido polo papel de Marcos na serie da TVG “Libro de Familia”, quen participa activamente neste proxecto co súa produtora Cloqueta Coqueta.

A conferencia terá lugar o próximo venres ás 17:00h no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. Dende o Concello de Xove animamos a todas as persoas a participar nesta conferencia, para escoitar de primeira man a testemuña dun deportista desta índole.

Exit mobile version