Burela, 17 de abril de 2013. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, acollerá un novo curso de informática impartido polo Concello de Burela.
O vindeiro mércores, 24 de abril, iniciaranse o curso Elabora o teu currículo vitae e busca emprego a través da internet, no que se ensinará aos asistentes a elaborar o seu currículo, seguindo unha pautas determinadas, a través dun procesador de texto e a buscar emprego nos distintos portais de emprego. Este curso, dirixido a desempregados con coñecementos básicos de internet e de procesadores de texto impartirase de 11:00 a 13:00 horas e finalizará o 30 de abril.
Desde o CeMIT lémbralles aos usuarios que poderán facer uso libre dos equipos e da internet da aula en horario de mañá de 13:00 a 14:30 horas e en horario de tarde de 16:00 a 20:00 horas.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades os interesados poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es.