O Caja Segovia impúxose ao Burela Pescados Rubén por 3-0 nun duelo igualado que se decantou no último minuto do primeiro período. Ata ese momento, ambos conxuntos ofreceron un partido de alto ritmo e aberto aínda que a falta de definición evitou que a afección local e o centenar de aventureiros laranxas gozasen do sabor do gol. Ata que ao filo do descanso, os segovianos golpearon con dureza a esperanza mariñá con dous goles, Sergio e Borja, que levou aos equipos ao receso con 2-0 no marcador. Na continuación, os bureleses buscaron con ahínco a remontada, ata gozaron dunha maior posesión ante o repregue local pero faltou claridade no último pase. Os segovianos esperaban a súa oportunidade para sentenciar e Borja atopou o camiño do terceiro no minuto 27. Co 3-0, o Caja Segovia gañou en seguridade e aínda que os mariñáns o intentaron ata o final, o marcador permeneceu impasible.
Ficha técnica
Caja Segovia: Herrero, Palomeque, Fabián, Del Moral, José Carlos – cinco inicial –Antoñito, Borja, Sergio, Jorge, Sergio García e David.
Burela Pescados Rubén: Edu, Iago Míguez, Enrique, Isi, Matamoros –cinco inicial- Mimi, Christian, Hugo, Juanma e Cesinha.
Goles: 1-0, m.20, Sergio; 2-0, m.20, Borja; 3-0, m.27, Borja.
Árbitros: Nuñez Carpintero e Ponce Medero.
Incidencias: Pavillón Pedro Delgado de Segovia. O templo segoviano contou coa presencia dun centenar de aleccionados laranxas no graderío. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Benita Campayo Vázquez, avoa da xogadora do Burela FS, Peque.