Site icon Crónica3.com A Mariña

Concurso de carteis e de debuxo da Festa da Merluza de Celeiro

A asociación xuvenil e cultural “Colectivo Chilindrín” e a asociación cultural e deportiva “Penalba” convocan o concurso de carteis da Festa da Merluza de Celeiro e o primeiro Concurso Infantil de Debuxo co obxectivo de involucrar na festa a todos os viveirenses e a toda Galicia. Os participantes no concurso do cartel de promoción da XVI desta festa poden enviar as súas propostas ata o 20 de maio a través do correo electrónico colectivochilindrin@gmail.com ou por correo certificado con acuse de recibo a Almacén nº 20 do Muelle Sur de Celeiro CP 27863 (Viveiro). Valorarase a orixinalidade, a técnica e a expresión artística; pero, en calquera caso, debe contar cos datos da súa celebración e os logos dos colaboradores. O gañador obterá un premio en metálico de 200 euros. Pola súa banda, o gañador da primeira edición do Concurso Infantil de Debuxo, dirixido a rapaces e rapazas de menos de 12 anos, obterá un lote de libros e terán o mesmo prazo para enviar as súas propostas, feitas á man e nun tamaño DIN A4, ao Almacén nº 20 ou entregándoas á directiva da ACD PENALBA de Celeiro no mesmo prazo. Tamén se valorará a orixinalidade, estilo, técnica, expresividade artística e a relación coa festa a celebrar. En ambos casos, o veredicto do xurado darase a coñecer antes do luns 3 de xuño.

Exit mobile version