A Asociación Cultural Deportiva Penalba-Colectivo Chilindrín de Celeiro convoca por terceiro ano consecutivo un concurso para a realización do cartel da XVI Festa da Merluza do Pincho. Cómpre sinalar que hai dúas categorías, infantil (o premio será un lote de libros) e adulto (200 euros). Ademais, o cartel gañador dos adultos será o oficial da XVI Festa da Merluza do Pincho de Celeiro, que se celebrará o 20 de xullo na Lonxa Vella do Porto de Celeiro. A organización agarda contar nesta edición co título de Festa de Interese Turístico Galego, solicitado á Xunta o pasado mes de outubro de 2012 e pendente de resolución. As bases da convocatoria estarán á disposición dos interesados no Facebook da ACD Penalba-Colectivo Chilindrín e remitiranse por correo electrónico a todos aqueles que o soliciten en colectivochilindrin@gmail.com
Concurso cartel da XVI Festa da Merluza do Pincho de Celeiro
Concurso cartel da XVI Festa da Merluza do Pincho de Celeiro
Relacionado
-
O deputado de Mocidade Daniel García participou na entrega de premios do Torneo Minibasket M&W,organizado pola Asociación Deportiva Drocer e o CBCeltas de Foz coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación
-
Segundo aniversario de Guía tu día
-
A elite do enduro estivo este domingo en Burela no V Enduro Monte Castelo