A Asociación Cultural Deportiva Penalba-Colectivo Chilindrín de Celeiro convoca por terceiro ano consecutivo un concurso para a realización do cartel da XVI Festa da Merluza do Pincho. Cómpre sinalar que hai dúas categorías, infantil (o premio será un lote de libros) e adulto (200 euros). Ademais, o cartel gañador dos adultos será o oficial da XVI Festa da Merluza do Pincho de Celeiro, que se celebrará o 20 de xullo na Lonxa Vella do Porto de Celeiro. A organización agarda contar nesta edición co título de Festa de Interese Turístico Galego, solicitado á Xunta o pasado mes de outubro de 2012 e pendente de resolución. As bases da convocatoria estarán á disposición dos interesados no Facebook da ACD Penalba-Colectivo Chilindrín e remitiranse por correo electrónico a todos aqueles que o soliciten en colectivochilindrin@gmail.com
Concurso cartel da XVI Festa da Merluza do Pincho de Celeiro
Concurso cartel da XVI Festa da Merluza do Pincho de Celeiro
Relacionado
-
O Secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé, xunto coa Deputada no Congreso por Lugo Patricia Otero e o Senador por Lugo César Mogo, participaron este sábado nun encontro coa militancia socialista da comarca, celebrado no restaurante Terra Chá de Vilalba, que reuniu a máis de cen persoas
-
O conselleiro do Mar en Cervo
-
Irene González, pinche do servizo de Cociña do Hospital Público da Mariña durante moitos anos, celebrou este venres a homenaxe dxs compañeirxs pola súa xubilación