Xurxo Mariño convocou a máis de 70 persoas na Librería Bahía de Foz onde presentou o seu último libro Neurociencia para Julia o xoves 21 de marzo. Mariño mantivo atrapada á súa audiencia dende o principio ao fin da súa charla na que explicou dun xeito moi ameno e claro o que ata o día de hoxe sabemos con certeza sobre o funcionamento da nosa mente. Rigor, entretenimento e aprendizaxe danse a man nas exposicións deste investigador igual que o fan na súa obra.