Alumn@s do IES Monte Castelo de Burela visitaron hoxe o Parlamento de Galicia onde foron recibidos polo Secretario desta institución, José Manuel Balseiro Orol quen lles invitou a formular preguntas sobre o funcionamento da Cámara lexislativa galega, as funcións dos deputados e deputadas e calquera asunto de actualidade que puidera interesarlles. O alumnado visitou as instalacións e coñeceu as distintas estancias do Pazo do Hórreo onde se desenvolven os actos institucionais e, sobre todo, a actividade parlamentaria. Na foto podemos ver a alumnos e profesores do IES Monte Castelo xunto ao secretario do Parlamento, José Manuel Balseiro e o deputado socialista da comarca José Ramón Val Alonso. Calquera centro educativo que teña interese en concertar unha visita pode facelo a través da web: www.parlamentodegalicia.es
Visita do IES Monte Castelo ó Parlamento de Galicia
Visita do IES Monte Castelo ó Parlamento de Galicia
Relacionado
-
Cariño puxo o punto e final á programación especial polo Nadal o pasado domingo, 5 de xaneiro, coa celebración da tradicional Cabalgata de Reyes, que pasou por distintas parroquias ata chegar á Casa do Concello
-
Mario Conde abre este venres os X Foros de debate da Fundación Sargadelos
-
Unha persoa faleceu tras ser atropelada en Vilalba