Santiago Pérez, director do IES Perdouro, recibiu a visita da directora da BBZ – Centro de Formación Profesional (Berufsbildungszentrum Augsburg der Lehmbaugruppe gGmbH)-, Maria Klingelstein, este martes, día 12 de marzo, no marco do Proxecto IdA Explorer! que se está a desenvolver todo este mes cun grupo de mozas e mozos alemáns en Burela. Nesta visita ás instalacións do centro educativo, María Klingelstein tivo a oportunidade de coñecer persoalmente ao equipo directivo e informarse sobre o sistema educativo español. Valorou moi positivamente o funcionamento do proxecto en Burela. Aproveitará para visitar algunhas das empresas colaboradoras nestes días.
Visita da Directora da BBZ (Alemaña) ó IES Perdouro
Visita da Directora da BBZ (Alemaña) ó IES Perdouro
Relacionado
-
Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo