Site icon Crónica3.com A Mariña

Saíñas organiza o V Festival Infantil de Semana Santa

O sábado 23 de marzo ás 8 da tarde no Salón de Actos do Centro Cívico, a Asociación Cultural Saiñas de Xove organiza o Vº FESTIVAL INFANTIL DE SEMANA SANTA.

No mesmo van participar os seguintes grupos ou agrupacións:
-“ARCO DA VELLA” DE SAN MIGUEL DE REINANTE.
-“A MEDA DO CASTRO” DE SADA.
-“ÑÁÑARAS” E “CACHARELAS” de Saiñas de Xove.

Como dixemos, a organización corre a cargo da Asociación, contándose para este evento coa colaboración do Concello de Xove.

En total van a participar máis de 100 nenos e nenas e rapaces e rapazas con idades entre os 8 e os 15 anos aproximadamente. En canto á participación dos distintos grupos, débese a intercambios realizados ou por realizar cos diferentes grupos da nosa Asociación.

Para rematar, decir que a entrada é totalmente libre e gratuita. Dende a Asociación aproveitamos para facer unha invitación a todos os xovenses e mariñáns, así como a todos os visitantes nesta Semana Santa.

Exit mobile version