Protección Civil de Cervo informa de que o mércores 13 de marzo remata o prazo de inscrición para os cursos de accidentes en estrada; curso básico de protección civil; e prevención e loita contra incendios urbanos e forestais. O primeiro deles, de 34 horas lectivas, conta con 25 prazas por edición e están previstas 5. O curso básico de protección civil conta con 20 edicións e 20 prazas por edición con 21 horas lectivas que se dividen en 14 horas teóricas e 7 prácticas coas que se pretenden achegar formación básica para o exercicio das funcións de protección civil. Pola súa banda, o curso de prevención e loita contra incendios urbanos e forestais, de 40 horas lectivas, contará con 5 edicións nas que poderán participar 25 persoas en cada un. A inscrición debe realizarse a través da web da Academia Galega de Seguridade Pública.
Remata o prazo para inscribirse nos cursos de Protección Civil
Remata o prazo para inscribirse nos cursos de Protección Civil
Relacionado
-
Taller de foto de luz negra impartido esta fin de semana por Diana Fajardo na Casa da Cultura en San Cibrao
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigado en Ribadeo, a un veciño desta mesma localidade, de 25 anos de idade, como suposto autor dun delito de danos
-
O pasado 15 de novembro celebrouse unha cea para homenaxear pola súa xubilación a Beatriz Lloret Sancho, quen durante máis de 30 anos desempeñou o posto de Enfermeira e subdirectora na Residencia de Maiores de Burela, dependente da Xunta de Galicia