Site icon Crónica3.com A Mariña

Programa “Mentalízate”

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña segue a desenvolver o programa “Mentalízate” no IES Monte Castelo de Burela. E continuando coa campaña de sensibilización iniciada no mes de febreiro no IES Monte Castelo, a psicóloga e a educadora social da entidade acudirán a impartir as charlas informativas ao alumnado de 4º da ESO e PDC do IES Perdouro. O fin do programa “Mentalízate” é sensibilizar aos alumn@s da importancia de eliminar prexuízos e a estigmatización das persoas con enfermidade mental e traballar pola prevención de condutas de risco que afecten a unha boa saúde mental, ademais de fomentar hábitos de vida saudables.

Exit mobile version