A directiva de Acisa e a Agrupación Belenista de Ribadeo fixeron entrega esta tarde dos premios aos gañadores do concurso de belenes do pasado Nadal. O acto tivo lugar nos novos locais da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servicios e Autónomos. O primeiro premio foi para a farmacia de Montserrat Iglesias, o segundo premio para Saia, o terceiro para Azabache e o cuarto para Petite Toe. Tanto Acisa como a Agrupación Belenista agradecen aos premiados a súa participación no concurso e animáronos “a seguir facéndoo en sucesivas edicións, nas que tamén esperamos contar con máis establecementos para darlle vida aos escaparates e ás rúas de Ribadeo durante o Nadal”.