A partir das 18:30h comezarán as primeiras olimpiadas rurais de O Valadouro. Participarán equipos de catro persoas (2 homes e 2 mulleres) que se incribirán previamente na praza… Ó longo e ancho do casco de Ferreira van a realizar diversas probas como o mítico lanzamento de aixadas, lanzamento de pacas, carreiras de carretillas con obstáculos, tiro á corda,… e todo elo ataviados con roupa tradicional e, sobre todo e moi importante, con zocas. Como premio, o equipo gañador obterá unha cea para 8 persoas nun coñecido restaurante da vila.
A partir das 20:00 comezará a segunda parte da ruta de tapas de O valadouro que estará amenizada por catro grupos de cantos de taberna (dous de burela, un de Foz e outro de Mondoñedo) e animará a vida nocturna do val ata altas horas. As tapas do Valadouro son especiais e distintas ás de calquera día do ano e teñen vantaxe con respecto a outras rutas da comarca de que son de balde por cada consumición.
Animar á xuventude a seguir co costume de seguir colaborando co evento vestíndose e dando a coñecer un calzado de antaño como son as zocas e ó mesmo tempo agradecer o interés e a colaboración que ten o acto dándolle promoción e colorido.