Site icon Crónica3.com A Mariña

O GPP vixiará que Besteiro cumpra co compromiso adquirido cos traballadores dos hospitais San José e San Rafael e emita os certificados dos servizos prestados

A Voceira do GPP na Deputación de Lugo, Elena Candia, mantivo esta mañá unha xuntanza cos traballadores que prestaron os seus servizos nos Hospitais provinciais San José e San Rafael e que en data 1 de xaneiro de 2011 foron traspasados ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS), para informalos de que a Deputación emitirá os certificados de servizos prestados

Os populares, quenes dende o primeiro momento mostraron a súa preocupación por estes traballadores, levaron a sesión plenaria do mes de novembro unha pregunta pedíndolle explicacións a Gómez Besteiro de por qúe non emitía os certificados de servizos prestados ignorando o artigo 46 da L20/92.

No pasado pleno provincial, do mes de febreiro, o GPP levou a cabo unha moción relativa á expedición do certificado de servizos prestados por parte dos traballadores de San José e San Rafael onde instaba ao Señor Besteiro a que fixese as xestións necesarias para expedir aos traballadores transferidos dos hospitais do San José e San Rafael os Certificados de Servizos Prestados, tal e como o demandan.

Os populares agradecen que se chegara a un entendemento entre o Organismo Provincial e o SERGAS en canto ao traspaso dos expedientes orixinais e a súa posterior certificación por parte da Deputación de Lugo, que permitirá darlle resposta a demanda dos traballadores traspasados.

“O rexistro da moción do GPP permitiu chegar a un entendemento entre as dúas administracións, facilitándolle unha resposta positiva aos traballadores”- afirmou Candia.

Concluíu a popular lembrando que é a Deputación a institución que certificará os servizos prestados durante os anos que os traballadores estiveron adscritos aos centros hospitalarios do San José e do Hospital Psiquiátrico San Rafael.

Exit mobile version