A asociación de Mujeres en Igualdad de Burela celebrará este venres 15 de marzo ás oito e media da tarde, na antiga biblioteca, a súa primeira asemblea ordinaria. Na orde do día figuran os seguintes puntos a tratar: aprobación do estado das contas, aprobación das actividades para o ano 2013 e rogos e preguntas. A asociación recorda ás súas afiliadas e amigas que está aberto o prazo para anotarse no curso de bailes de romaría para principiantes que se celebrarán os venres de nove e media a dez e media na Casa da Cultura e tamén para os cursos de pilates, G.A.P, padel, bailes de salón, ximnasia de mantemento, etc. Mujeres en Igualdade de Burela tamén quere comunicar que en breve se abrirá o prazo para anotarse á viaxe de fin de semana (13 e 14 de abril) ó Spa de Sanxenxo.