Hoxe, atopámonos aquí, para repetir novamente co ánimo de que nos escoiten que NON QUEREMOS DEPENDER DE LUGO.
Dende 2009, levan prometéndonos que non íamos perder a nosa independencia, catro anos de mentiras reiteradas, de enganos e manipulacións para o final, iniciar co anuncio da publicación dun Decreto Provincial, o desmantelamento do Hospital da Costa.
Agora, veñen con falsas promesas de ampliación que non se corresponden cos ridículos orzamentos asignados neste ano, 50.000€ para obras e melloras. Como con iso non convencían, para silenciar á poboación, anuncian a creación de unidades como cirurxía vascular e quimioterapia, ao tempo que recortan en gasto corrente para este ano, 2 millóns de €, MENTIRAS E MAIS MENTIRAS para esconder a realidade das súas pretensións, a destrución do modelo sanitario da Mariña.
Os representantes das traballadoras e traballadores da área da Mariña seguimos BERRANDO.
NON queremos perder a nosa autonomía e a nosa capacidade de xestión, NON queremos que o noso Hospital e os nosos Centros de saúde os dirixan dende Lugo. Non queremos perder os cartos que viña recibindo este Hospital NON queremos perder especialidades, NON queremos que os/as Mariñáns teñan que desprazarse 100 Km para acudir ao médico especialista, NON queremos que os profesionais sanitarios teñan que emigrar polas súas políticas de contratación, NON queremos que nos pechen servizos como prematuros ou diálise, porque estes servizos son imprescindibles, os pagan os e as mariñáns e, é por iso, que son deles, e non imos permitir que os desmantelen.
Seguir a diante coa xestión provincial é condenar a morte o noso Hospital e esa condena ten nome, apelidos e siglas. Agora sabemos quen antepón os intereses xerais a outros, prexudicando unha sanidade resolutiva e de proximidade na Mariña.
ESIXIMOS QUE RECTIFIQUEN, porque do contrario, QUEDARAN MARCADOS.