O parlamentario lucense segue a ser tamén a voz dos populares galegos no ámbito da portovocía do Mar e de Portos de Galicia.
Santiago, 7 de febreiro de 2013.- Jose Manuel Balseiro Orol será o novo portavoz da área de montes e incendios do Grupo Parlamentario Popular. Así se decidiu na xuntanza de organización desenvolvida polos deputados populares no Parlamento de Galicia.
O deputado lucense suma esta nova responsabilidade pero continúa tamén mantendo a portavocía do Mar do Grupo Parlamentario, cargo que ostentou na pasada lexislatura e que inclúe competencias no ámbito da pesca e outros asuntos marítimos, así como todo o relacionado coa actividade de Portos de Galicia.
Balseiro foi un dos deputados máis activos, con maior número de iniciativas presentadas no Parlamento galego durante a pasada lexislatura e deste xeito ve reforzadas as súas responsabilidades dentro do Grupo Parlamentario.
“Teño que agradecer unha vez máis a confianza que depositan en min os compañeiros do Grupo Parlamentario e moi en particular o seu portavoz, Pedro Puy, e desde este mesmo instante estou a disposición dos axentes e profesionais do ámbito forestal para unha mellor defensa dos seus intereses”-explicou o deputado.